
Como podedes ler no libro de texto, falamos de BALLET ó refirnos a unha danza organizada nun espectáculo, representada. Unha forma especializada de baile que combina as artes da música, o teatro, a danza, o vestiario e a decoración.
2. Procede do termo italiano ballo , que significa baile.
3. Que fai o coreógrafo? Relata a historia en movementos.
4. E o escenógrafo? Diseña o vestiario e a maquillaxe.
5. Cómo se lle chama os bailaríns que forman un conxunto ou coro? Corpo de ballet
6. Un exemplo de paso de baile é o triple tour en l´air, que consiste en dar tres voltas no aire sen toca-lo chan. Por que crees que os pasos de ballet se denominan en termos franceses? Porque esta arte se desenvolveu nas cortes de Francia.
7. A que ano e ocasión se remonta a orixe do ballet? Ao ano 1581 na voda do duque De Joyeuse.
8. A que nos referimos con Sobre a arte de bailar e dirixi-las danzas? O primeiro libro sobre o ballet.
9. O rei Luis XIV era alcumado Rei Sol, por que? Polo papel que desempeñou nun ballet no que representaba a este astro.
10. No ano 1661 fundouse a Academia Real da Danza, na que ensinou o compositor J.B. Lully. Que conseguiu este compositor do ballet? Que o ballet contase unha historia mediante a coreografía e que se convertese no espectáculo cortesán que se extendeu por toda Europa.
11. Nos seus comezos a danza estaba reservada para os homes. Por que? Porque considerábase impúdico que as mulleres levantaran as pernas ó bailar.
12. No século XVIII o coreógrafo J.G. Noverre reformou o ballet que se coñecía ata entón. Como? Simplificando a danza e tirando as máscaras e perrucas.
13. Ata o século XIX os temas utilizados nos ballets eran fundamentalmente mitolóxicos. Que ocorre no século XIX coa chegada do Romanticismo? Co Romanticismo chegou a fascinación polos lugares remotos, oscuros bosques impenetrables e os castelos ruinosos,e o gusto polo éxotico e antinatural.
14. Quen foi a primeira bailarina en empregar as zapatillas recheas de almofadas nas punteiras? María Taglioni Por que e para que? Porque lle axudaban a poñerse de pé nas puntas e semellar unha fada voando.
15. Cara ó 1850 a danza trasladou a súa patria á Rusia Imperial E neste momento apareceu o compositor dalgunhas obras mestras do ballet clásico romántico Marius Petipa Este foi o coreógrafo de "O lago dos cisnes", "O crebanoces" e " A bela durminte do bosque" de Tchaikovsky,
16. A comezos do século XX un empresario ruso Sergei Diaghilev revolocionou a estética coreográfica e iniciou a era do ballet moderno. En que senso? Fundando unha compañía na que artistas, compositores, poetas e bailaríns tiñan a mesma importancia á hora de facer un ballet .Escribe 3 dos seus ballets. ( O paxaro de lume, Preludio á sesta dun fauno e O sombreiro dos tres picos)
17. A partir de mediados do século XX aparece o que chamamos danza contemporánea, a danza moderna. Cales son as súas características? É moi importante a improvisación e identifícanse máis con estados emocionais, ideas abstractas, filosóficas e relixiosas.
18. Como baila Isadora Duncan? Libremente , expresando os sentimentos internos, descalza e cunha túnica solta.
19. Escribe o nome de 5 bailaríns/as españois
- Falla
- Pastora Imperio
- Joaquín Cortés
-Arancha Argüelles
-Sara Baras
No hay comentarios:
Publicar un comentario