jueves, 28 de mayo de 2009

A música relixiosa ::







1.Que se entende por canto gregoriano?
En que época aparece? Que tivo que ver con el o Papa Gregorio Magno?

Son unha serie de cantos que se entoan para honrar a Deus, tal e como facían os xudeus. A expansión da Igrexa cristía derivou en distintos cantos e liturxias segundo as zonas e axiña se intentou unha unificación daqueles ritos.


Edad media


A ese Papa se lle atribuiu a creación do canto gregoriano pero non foi así, só foi un recompilador de tantos.


2.Na Misa intérpretábase o canto gregoriano, primero en monodia, e logo en polifonía. Nos séculos XV e XVI unha das máis utilizadas foi a misa parodia. En que consistía? Escribe o nome dunha das melodías utilizadas máis coñecidas.

Consistía en que os compositores escollían melodias relixiosas ou profanas como base melódica.
Unha canción moi coñecida era L'Homme armé.



3.En que época da historia da música se comezou a escribir a misa para coro/s, solistas e orquestra?

Na época Barroca


4.Que era un motete no Renacemento?

Forma que procedía do afermosamento do texto da música da liturxia da idade media. No século XV e XVI converteuse nunha
peza vocal dun só movemento con texto relixioso.



5.Define: oratorio, cantata e paixón. Escribe un compositor e obra de cada un deles.

oratorio-> É unha composición dramática de temática relixiosa baseada xeralmente en historias bíblicas semellante a unha ópera onde se utilizan arias, recitativos, duos e partes instrumentais para narrar unha historia pero na que non hai representación escénica porque os personaxes non actuan só cantan.
Hayden- A creación

cantata-> Trátase dunha composición para varias voces estructurada en arias, recitativos e coros con acompañamento orquestral de menor duración que os oratorios.
J.S Bach

paixón-> Nela tratábase o tema da paixón de cristo segundo os textos dos catro evanxelistas. É unha especie de oratorio que utiliza arias, recitativos, coros e orquestra. Distínguese a presenza dun narrador que actua de evanxelista; un coro , que representa ao pobo; e os personaxes da paixón.
Bach- A paixón segundo San Mateo



6.Escribe o nome de 4 formas instrumentais que se interpretában nas igrexas durante as funcións relixiosas.

Tocata, Preludio, Fantasía, Variacións


7.Cal era e é o instrumento catedralicio por excelencia?

O órgano





Continuará......

No hay comentarios: